Regalis2aa
Header_line
Header

  • Quen somos?

     

    REGALIS, acrónimo de “Rede Galega de Líquidos Iónicos”, formámola un conxunto de 12 Grupos de Investigación traballando no estudo destes estraños líquidos. Sete de nós levámolo facendo dende hai unha década, mentres que outros cinco uníronse con vistas a comezar a súa investigación nestes prometedores materiais. Somos grupos competitivos a nivel internacional en catro facetas investigadoras moi importantes e interrelacionadas:

     

    i)              Deseño e síntese química de novos líquidos iónicos.

    ii)             Medición experimental das súas magnitudes físicas.

    iii)           Simulación por computadora a nivel molecular e desenvolvemento teórico de modelos para á súa comprensión físicoquímica.

    iv)           Aplicacións dos líquidos iónicos ás distintas tecnoloxías.

    Polo tanto, rexístrase unha intensa actividade a nivel de investigación básica que permite unha produción científica de grande calidade e alto impacto, así como a formación de moitos novos investigadores neste campo: 11 teses de doutoramento lidas dende o 2009 ate o 2012 e 35 contratos de investigación a posgraduados. Cabe apuntar que temos publicados nesta temática, dende ó 2009 ate o 2011, e solo contando os sete grupos dedicados a o seu estudo na actualidade, 85 artigos científicos en revistas especializadas estranxeiras, 13 capítulos de libros e a participación en máis de 125 congresos nacionais e internacionais.

     

    Nestes anos tamén se deron os primeiros pasos no eido da transferencia tecnolóxica, que polo de agora é incipiente. Incrementala constitúe un dos principais restos de REGALIs. Non obstante, a propia concesión da Rede aumentará considerablemente nos vindeiros anos o desenvolvemento de investigacións aplicadas para os líquidos iónicos, que permitirá unha transferencia de tecnoloxía ao tecido empresarial.

     

    Polo tanto,  REGALIS ten como obxectivos principais:

     

    ·      Estruturar a comunidade galega de grupos de investigación dedicados aos líquidos iónicos e atraer novos grupos ao seu estudo.

    ·      Poñer as bases para a solicitude dunha Rede Europea coordinada dende Galicia.

    ·      Coordinar e estimular as actividades que realizan os diferentes grupos de investigación en distintos niveis:

    o   Investigación Fundamental non orientada.

    o   Investigación Aplicada.

    o   Transferencia de resultados á industria automobilística, eólica, de refrixeración, paneis solares térmicos e fotovoltaicos, electroquímica, electrónica, nuclear, farmacéutica ...

     

    A rede estruturase cun Comité Coordinador (CC), presidido polo Investigador Responsable da rede e integrado por un membro de cada grupo de investigación pertencente a ésta máis unha Investigadora Corresponsable, exercendo de Secretaria un membro do CC. Nun segundo nivel considéranse catro Grupos de Traballo (GT) especializados nunha temática concreta, cada un co seu líder: i) GT1: Deseño e síntese de novos líquidos iónicos. ii) GT2: Medidas experimentais de Propiedades Termodinámicas e de Transporte. iii) GT3: Teoría e Simulación por computadora. iv) GT4: Aplicacións e Transferencia de Tecnoloxía.

     

    GRUPOS QUE FORMAMOS A REDE

     

    GRUPO 1. (G000347) MESTURAS. A CORUÑA

    GRUPO 2. (GI-1488) NANOMATERIALES Y MATERIA BLANDA (GNMB). SANTIAGO DE COMPOSTELA

    GRUPO 3 (GI-1616). PROCESOS DE SEPARACIÓN E EQUILIBRIO ENTRE FASES (EQUIFASE). SANTIAGO DE COMPOSTELA

    GRUPO 4. (FA4) LABORATORIO DE TERMOFÍSICA. OURENSE

    GRUPO 5. (GI1478) LABORATORIO DE PROPIEDADES TERMOFÍSICAS. SANTIAGO DE COMPOSTELA E LUGO

    GRUPO 6. SÍNTESE DE MOLÉCULAS CON INTERESE FARMACOLÓXICO (QO2). VIGO

    GRUPO 7. (FA2) Física Aplicada 2. VIGO

    GRUPO 8 (GI-1481) MICROÓPTICA E SENSORES DE FRENTE DE ONDA (OPTO-SENSING). SANTIAGO DE COMPOSTELA

    GRUPO 9 (G000138) REACTIVIDADE QUÍMICA E FOTORREACTIVIDADE (REAFOTOCON). A CORUÑA

    GRUPO 10 (GI-1858) INVESTIGACIÓN EN RADIOFÍSICA (GIR). SANTIAGO DE COMPOSTELA

    GRUPO 11 (OF1) ÓPTICA FÍSICA. OURENSE

    GRUPO 12 (GI-1599) NOVAS METODOLOXÍAS SINTÉTICAS (SWT). LUGO

     



Header_line
Logo_udc
Logo_usc
Logo_udv
Logo_xunta
Logo_feder